O Goberno abre a posibilidade de negociar a apertura de Ferrol ao mar

En resposta a Yolanda Díaz, o Executivo afirma estar disposto a buscar solucións ás demandas da cidadanía
Publicado por o día 26/09/2018 na sección de En Marea,Política

O Goberno abre a posibilidade de negociar a apertura de Ferrol ao mar

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, voltou recibir unha resposta escrita por parte do Goberno a unha pregunta oral que a parlamentaria presentou á Comisión de Defensa, pero que o Executivo decidiu transformar en pregunta escrita. Na interpelación Díaz preguntaba polas “solucións que ofrecía o Goberno para atender a demanda histórica da cidadanía de Ferrol de abrir a cidade ao mar e sustituir a actual Muralla Militar”.

Aínda que o Goberno volve insistir, unha vez máis, en que o Arsenal de Ferrol está incluído na listaxe estatal de Bens de Interese Cultural e polo tanto protexido, abre a posibilidade de actuacións na zona. Así, o Executivo afirma que “o Goberno segue amosando a súa intención de colaborar coas Administracións locais e autonómicas na busca de solucións que integren os distintos intereses manifestados ao respecto”.

A deputada de En Marea denuncia que os sucesivos gobernos locais sempre compartiron co Arsenal, os estaleiros e a Autoridade Portuaria a aspiración de eliminar, na medida do posible, as barreiras físicas que limitan a relación da cidade co mar e a súa ría, polo que espera que éste sexa un primeiro compromiso para materializar unhas demandas históricas da cidadanía departamental.

Pero a deputada ferrolá critica que o Goberno afirme nesta resposta que a muralla militar de Ferrol se revisa de forma periódica para coñecer o seu estado de conservación e realizar, no seu caso, as intervencións de mantemento necesarias, cando isto non está a suceder. De feito, denuncia Díaz, só hai que darse un paseo ao redor da antiga muralla defensiva para darse conta que de son numerosas as fendas e filtracións de auga na construcción, ademáis da numerosa vexetación que se acumula, consecuencia do deterioro da muralla. De feito, sinala a deputada, o Colexio Oficial de Arquitectos de Ferrol xa advertiu en diversas ocasións que con estas agresións os muros comezan a derrubarse co conseguinte perigo para os viandantes.

Finalmente, Yolanda Díaz amosa o seu desconcerto pola transformación desta interpelación directa á Ministra nunha simple resposta escrita, e denuncia que o Ministerio de Defensa se negue a dar explicacións na Cámara Baixa ao respecto.