O Goberno aproba a Lei de Liberdade Sexual co obxectivo de erradicar as violencias machistas

Publicado por o día 03/03/2020 na sección de Esquerda Unida,Política

O Goberno aproba a Lei de Liberdade Sexual co obxectivo de erradicar as violencias machistas

O Ministerio de Igualdade presentou esta mañá a Lei de Liberdade Sexual, que muda o Código Penal en materia de delitos sexuais e amplía os dereitos de liberdade, igualdade e seguridade das mulleres. Esta lei é pioneira e sitúa a España ao nivel dos países máis avanzados no ámbito internacional na prevención da violencia machista.

Esta Lei de Liberdade Sexual é unha Lei Integral baseada en previr e sensibilizar, cuxo obxectivo é erradicar as violencias machistas, atacando as causas e non as consecuencias. A lei visibiliza outras formas de violencia sexual e deixa de distinguir entre abuso e agresión, considerando violencias sexuais todas as condutas que atentan contra a liberdade sexual sen o CONSENTIMENTO da outra persoa.

Algunhas das medidas son:

👉 Crearanse centros de crises 24 horas e liñas telefónicas que dean atención e acompañamento psicolóxico, xurídico e social ás vítimas para garantir o seu dereito á reparación.

👉 Crearanse xulgados especializados para tratar este tipo de delitos.

👉 Se aposta pola formación e a sensibilización en violencias sexuais no ámbito educativo, sanitario, en xustiza, no ámbito forense e penal, nos servizos sociais e nas forzas e corpos seguridade do Estado.

👉 Brindarase educación sexual en todos os niveis educativos.

👉 Crearanse campañas de sensibilización e prevención das violencias sexuais dirixidas a homes e o seu papel nos estereotipos que favorecen a existencia de violencias sexuais.

👉 Esta Lei contempla por primeira vez o acoso nas rúas e garante os espazos libres de agresións sexuais.