O Goberno comunicará ao rei a súa composición este domingo e o martes celebrará o seu primeiro Consello de Ministros

O Executivo anunciou que dará a coñecer os membros do Goberno de coalición o próximo 12 de xaneiro. O día 13 xurarán ou prometerán o seu cargo e o 14 celebrarase o primeiro Consello de Ministros.
Publicado por o día 09/01/2020 na sección de Política

O Goberno comunicará ao rei a súa composición este domingo e o martes celebrará o seu primeiro Consello de Ministros

O Goberno anunciou que será o domingo 12 de xaneiro de 2020 cando comunicará ao rei a composición do Executivo. O Executivo tamén anunciou que o primeiro Consello de Ministros levará a cabo o vindeiro martes 14 de xaneiro, un día despois de que os membros que compoñan o Goberno xuren ou prometan o seu cargo.

Outra das novidades respecto ao Executivo que saíu adiante o pasado 7 de xaneiro coa sesión de investidura a Pedro Sánchez é que a nova portavoz do Goberno será María Jesús Montero, que ademais será ministra de Facenda, porque, segundo afirmaron desde Moncloa, queren darlle relevancia á economía.