O Goberno cumpre coa FEMP e os Concellos en materia de Violencia de Xénero

O Consello de Ministros aproba unha subvención de 4,5 millóns de euros para xestionar o servizo da FEMP de Atención e Protección a vítimas de violencia de xénero (ATENPRO)
Publicado por o día 21/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Goberno cumpre coa FEMP e os Concellos en materia de Violencia de Xénero

“Cando se trata de garantir a seguridade fronte á violencia de xénero, non podemos baixar a garda”, asegurou o Presidente da FEMP, Abel Caballero, tras coñecerse que o Consello de Ministros aprobou unha achega de 4,5 millóns de euros para o Servizo de Atención e Protección para Vítimas da Violencia de Xénero, ATENPRO.
 
Caballero, que valorou moi favorablemente a actuación do Executivo, “que manifesta o seu compromiso na protección das mulleres, a pesar de acharse en funcións”, subliñou que “calquera mecanismo que axude ás mulleres vítimas da violencia de xénero a sentirse máis seguras e máis libres é un beneficio para a nosa sociedade” porque, asegurou, “é un paso máis cara a unha sociedade libre de violencia de xénero”.
 
O Presidente da FEMP lembrou, ademais, o papel “decisivo” do Goberno, e “neste caso da Vicepresidenta Carmen Calvo” para “axilizar, a pesar de estar en funcións, esta subvención que é clave para a loita contra a violencia de xénero. A Vicepresidenta, así como o Presidente Sánchez, -destacou Caballero- apostaron desde o primeiro minuto polo decisivo papel das Entidades Locais na loita contra esta secuela. Así o constatamos o pasado mes de agosto na reunión que mantiven con Carmen Calvo na sede da FEMP, durante a cal se comprometeu a poñer en marcha canto antes o procedemento para a subvención agora aprobada, así como a seguir impulsando liñas de colaboración. Temos actuacións en moitos Concellos envorcadas na atención, pero moi dedicadas tamén á prevención, e o noso coñecemento sobre o terreo nos permitirá xogar un papel aínda máis clave na anticipación contra a violencia de xénero. Somos, sábeno os cidadáns, e por suposto o Goberno, a primeira liña na loita contra a violencia de xénero”.
 
A transferencia aprobada polo Consello de Ministros permitirá impulsar desde a FEMP o servizo ATENPRO, unha iniciativa froito do convenio entre a Delegación de Goberno para a Violencia de Xénero e a FEMP que ofrece, a través dun dispositivo móbil, atención inmediata a distancia, asegurando unha resposta rápida ás mulleres #ante as eventualidades que lles poidan sobrevir. 24 horas durante os 365 días, as usuarias poden contactar co Centro no que persoal preparado de forma específica para este tipo de emerxencias ofrece as respostas adecuadas e mobiliza, se fose necesario, outros recursos humanos e materiais.
 
O servizo ATENPRO, que sitúa á Federación, e con ela aos Gobernos Locais, na vangarda fronte á violencia de xénero, é unha mostra máis do compromiso das Administracións na loita contra esta forma de violencia. A dotación económica para o desenvolvemento de actuacións concretas aprobada hoxe polo Goberno de España permitirá impulsar este compromiso e mellorar a seguridade e protección das vítimas.
 
Na actualidade, son máis de 14.000 as usuarias deste servizo que recibe unha media superior ás 600.000 chamadas ao ano. O tempo medio de permanencia das mulleres en ATENPRO é dun ano e medio.

Una respuesta para "O Goberno cumpre coa FEMP e os Concellos en materia de Violencia de Xénero"

  1. Gamela   22/10/2019 at 8:39

    bla bla bla… pero do xuízo do asasino de Ana Enjamio ninguén sabe nada…?
    Estará xa en liberdade ao cumprirse os dous anos de prisión provisional ?
    Sen medios na xustiza o demáis é PROPAGANDA !!!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.