O goberno da Deputación emenda ao Partido Popular e reclama máis investimentos na provincia tanto da Xunta como do goberno central

Presenta tamén outra emenda a unha moción dos “populares” para reclamar un acordo que dea pé a un novo trazado para a EP-9106, en Adro Vello (O Grove)
Publicado por o día 29/12/2020 na sección de Deputación de Pontevedra

O goberno da Deputación emenda ao Partido Popular e reclama máis investimentos na provincia tanto da Xunta como do goberno central

O grupo de Goberno da Deputación de Pontevedra, integrado polos grupos do PSdeG-PSOE e BNG, dá resposta ás dúas mocións presentadas polo Partido Popular para o seu debate plenario, que reclaman, por unha banda, un incremento significativo das partidas orzamentarias destinadas a Galicia e á provincia de Pontevedra para o ano 2021 nos Orzamentos Xerais do Estado e, por outra, a construción dunha variante na EP-9106 en Adro Vello (O Grove). Para elo vén de rexistrar dúas emendas ás mocións presentadas polos “populares”.

O Goberno provincial está de acordo en reclamar máis investimentos ao Goberno do Estado, pero na súa emenda tamén propón instar á Xunta de Galicia a incrementar significativamente as partidas orzamentarias para a provincia, tanto nas anualidades de 2021 como de 2022.

Na segunda das mocións, os grupos socialista e nacionalista están de acordo en que o Pleno inste á Xunta de Goberno Provincial á realización dun estudo previo sobre a viabilidade de deseñar un novo trazado para a EP-9106 na contorna do xacemento arqueolóxico grovense, de cara á posterior execución por parte da Xunta de Galicia. Desta maneira, favorecerase a continuidade e consolidación das escavacións así como a promoción da Ruta Traslatio, que fomenta a peregrinación marítima dende o porto grovense de Pedras Negras ata Padrón.

Comentar noticia

Your email address will not be published.