O goberno da un paso máis na prevención dos incendios forestais

Publicado por o día 11/09/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

O goberno da un paso máis na prevención dos incendios forestais

O goberno de Ponteareas levará ao pleno extraordinario de mañá mércores a adhesión ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP (Federación Galega de Municipios) e SEAGA, en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias. 

As faixas secundarias son o cinturón vexetal que se atopa máis preto das vivendas e dos núcleos habitados. A nova lexislación contempla que estas faixas secundarias se extendan en 50 metros de distancia arredor dos núcleos e casas as zonas que deben estar desbrozadas e rozadas e donde non pode haber especies pirófitas (piñeiros, eucaliptos, acacias…)

A franxa de 50 metros terá que respectarse en torno a edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais.

Este convenio foi publicado no DOG o pasado 17 de agosto de 2018 dando un prazo dun mes para adherirse a él, motivo polo que esta decisión non pode agardar ao pleno ordinario do mes de setembro que se celebrará o vindeiro martes 18 de setembro. 

Este convenio Xunta-FEGAMP-SEAGA ten por obxecto instrumentar a cooperación da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural, SEAGA (sociedade mercantil pública autonómica, Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A) e a FEGAMP, cos concellos que voluntariamente se adhiran ao convenio, mediante o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nos montes ou terreos forestais incluídos nas faixas secundarias de xestión de biomasa. Entre as cuestións que se contemplan no acordo está a posibilidade de que os veciños soliciten a xestión da biomasa por SEAGA.

Entre as cuestións que se contemplan no acordo está a posibilidade de que os veciños e veciñas das zonas que a Xunta recoñeza como de maior risco soliciten a xestión da biomasa por SEAGA

Esta medida complementará a liña xa iniciada polo goberno local para contar cun Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais así como a tramitación relacionada coas obrigas dos particulares para a xestión de biomasa e a retirada de especies arbóreas.

O goberno presidido polo nacionalista Xosé Represas realizará unha campaña informativa en todas as parroquias sobre o convenio e exporánse os planos das das franxas que facilitará a identificación das parcelas aos propietarios.

“Agardamos que este convenio dea solución ás parcelas abandonadas para poder actuar subsidiariamente para dar solución a este grave problema de abandono que supón un grave risco para moitas vivendas”, manifestou o Alcalde.