O Goberno de Arévalo veta aos sindicatos no Consello Municipal de Igualdade, denuncia GañaMós

Publicado por o día 05/03/2019 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

O Goberno de Arévalo veta aos sindicatos no Consello Municipal de Igualdade, denuncia GañaMós
Veto do Goberno de Arévalo aos sindicatos impedindo que estos participen no Consello Municipal de Igualdade recén creado como desde GañaMós solicitan no último pleno. As centrais sindicais foron as pioneras na loita pola Igualdade das mulleres e siguen sendo unha das referencias máis importantes estando presentes en todos os Consellos de Igualdade. Pero aquí en Mos son vetados e a súa labor desprezada polo Goberno de Arévalo. Para nós é fundamental a súa participación para que este Consello desempeñe unha labor á altura das circunstancias e non se quiede nun mero producto da mercadotecnia electoralista do Partido Popular.
 
Desde GañaMós lle trasaladaron esta circunstancia a Ángeles Árias, veciña de Mos, secretaria de Igualdade en UGT Vigo e vicepresidenta do Consello de Igualdade de Vigo, quen non entende este veto as centrais sindicais cando poucas organización teñen no seu haber tanto traballo a prol da Igualdade entre home e muller. Segundo ela, os sindicatos están participando nos Consellos Municipais de igualdade, ela mesma participa no de Vigo e no de Redondela, polo que non ten ningún sentido este impedimento do Goberno de Arévalo a que esten presentes no de Mos, máis cando os sindicatos teñen departamentos e secretarias permanentes experimentadas que poden axudar a desenvolver este Consello de Igualdade e dotarllo de contido. Angeles comentounos de que estaba en conversas coa CIG e CCOO para formalizar unha queixa conxunta solicitando ao Goberno Municipal de Mos unha rectificación e a inclusión destas tres centrais sindicais en dito Consello.
Video explicativo con Ángeles Árias