O Goberno de Carmela Silva aproba unha achega de máis de 90.000 euros para Pontecesures

Ao abeiro do Plan Concellos, a vila pontevedresa ten este ano a súa disposición 608.191,39 euros, o que supón un incremento do 74,06% respecto ao ano pasado
Por o 14/05/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra
O Goberno de Carmela Silva aproba unha achega de máis de 90.000 euros para Pontecesures

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega para o concello de Pontecesures, ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2018. Así, recibirá 90.357,82 euros para a execución do proxecto de recuperación do espazo público de Pontecesures cara a ría.

Con esta achega, o municipio xa ten recibido, co Plan Concellos 2018, 229.178,63 euros dos 608.191,39 que lle corresponden este ano, un 74,06% máis que en 2017. En concreto, a Deputación de Pontevedra xa aprobou para Pontecesures 114.872,67 euros en liña 1 de investimentos, 33.868,43 euros en liña 2 e 80.437,53 € en liña 3 de emprego, cos que contratou a 9 persoas.

Este ano a Deputación pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.