O Goberno de Carmela Silva aproba unha subvención de máis de 60.000 euros para o afirmado de diversas pistas en Lalín

As actuacións faranse nos lugares de Soutolongo, Barcia, Carrio, Goiás, Belelle e Anzo
Publicado por o día 15/09/2019 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Lalín

O Goberno de Carmela Silva aproba unha subvención de máis de 60.000 euros para o afirmado de diversas pistas en Lalín

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha concesión dunha subvención de 62.638,89 euros ao Concello de Lalín para a realización do afirmado de pistas nos lugares de Soutolongo, Barcia, Carrio, Goiás, Belelle e Anzo. Ademais, tamén se autoriza o reforzo da rampla de acceso á EP-6004 Prado-Vilatuxe, na pista Soutolongo-Midón (Barcia).

O devandito presuposto corresponde a un remanente das obras de ampliación do edificio do Centro Social, recheo de pavimento na pista Froxán (Castro) e acceso a Fondevila (Donsión), actuacións nos locais sociais de Noceda e Xesta, sumidoiros en Zobra e actuacións nos edificios dos centros sociais de Palio e Zobra, que foran subvencionadas pola Deputación a través do Plan Concellos 2017. Deste xeito, o concello solicitou que a cantidade pendente de aplicar se puidese empregar no financiamento destas novas obras de afirmado de pistas.