O Goberno de Carmela Silva destina unha importante achega de máis de 200.000 euros a Salceda de Caselas

Ao abeiro do Plan Concellos, Salceda de Caselas ten este ano á súa disposición 1.122.796,72 euros, o que supón un incremento do 75,47 % respecto ao ano pasado
Por o 14/05/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra
O Goberno de Carmela Silva destina unha importante achega de máis de 200.000 euros a Salceda de Caselas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova achega para o concello de Salceda de Caselas, ao abeiro da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2018. Así, recibirá 203.854,82 euros para financiar parte do proxecto de obra da actuación de mobilidade sostible na EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano.

Esta nova achega súmase aos 146.997 euros que xa recibira Salceda de Caselas, en canto á liña 3 de Emprego, para a contratación de 9 persoas e así garantir a prestación dos servizos básicos municipais. En rolda de prensa, Carmela Silva lembrou que “co Plan Concellos 2018, Salceda de Caselas ten á súa disposición 1.122.796,72 euros, un 75,47 % máis que en 2017”.

Este ano a Deputación pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.