O Goberno de Nigrán aproba a licencia para a construción dun supermercado Lidl en Porto do Molle coa previsión de que abra este verán

A nave, orzamentada en 1’5 millóns de euros, situarase na rúa das Pontes (ao carón do Centro de Negocios e a gasoliñeira) e ocupará unha superficie de 2.100 metros cadrados, prevendo xerar 21 novos empregos

O goberno de Nigrán deu luz verde este venres en Xunta de Goberno local á licencia para a construción dun supermercado Lidl no parque empresarial Porto do Molle. A previsión da multinacional alemana é abrir as súas portas este verán e xerar 21 novos empregos, estreando así a súa presenza na comarca.

A nave, orzamentada en 1´5 millóns de euros, sitúase na rúa das Pontes ao carón do Centro de Negocios e a gasoliñeira nunha parcela de 4.790 m² . Esta ocupará 4.291 metros cadrados en dous andares cunha altura total de 7 metros, contando con aparcamento de 80 prazas. Tal e como confirmaron ao alcalde de Nigrán Luis Biempica Ortiz e Maruxa Lema Baleato, do Departamento de Expansión de LIDL, disporá duns 1.400 m2 de superficie de ventas e contará con plataforma fotovoltaica e iluminación LED, sendo unha tienda ecosostible.

“O proxecto de Supermercados LIDL e a puxanza de Porto do Molle levan aparellado xerar traballo, emprego e recursos económicos ao Concello de Nigrán, que sigue contando con este Polígono Terciario como o seu gran activo”, explica o rexedor, Juan González

Obras simultáneas

Actualmente están xa a construír a súa nave no parque empresarial Bodega MC e Ditec Ingeniería, a primeira por valor de 2 millóns de euros nunha superficie de 5.304 metros cadrados e a segunda de 391.682 € en 1.000 metros cadrados. Ambas licencias foron outorgadas simultáneamente a finais de 2020. Bodega MC é unha empresa internacional nacida en 1995 e especialista no deseño, fabricación e subministración de mobiliario de alta calidade para a industria hostaleira e de restauración, realizando estes traballos para hoteis como os da cadea NH, a firma de moda Bimba y Lola ou Mango ou a franquicia Burger King, sempre co compromiso social e medioambiental como valores intrínsecos da firma. Esta firma con sede xa en Porto do Molle (ten 4 naves alugadas) da emprego directo a 30 persoas e agarda que, coa nova nave en propiedade, aumente a contratación nunhas 10 persoas máis. Pola súa banda, Ditec Ingeniería de Diseño Industrial naceu en 1999, ten sede actualmente en Vigo (Navia) e está especializada no desenvolvemento de proxectos de enxeñería e bens de equipo: desde produtos e procesos ata a fabricación, posta en funcionamento e mantemento, sirva de exemplo aparellos para a matricería (acuñes progresivos, acuñes convencionais, etc), maquetas de control, máquinas automáticas de montaxe, punzonado, verificación, etc; maquetas de soldadura e diversidade de máquinas especiais, non só para o sector do automóbil.

Igualmente, Zona Franca está a construír tamén 14 novas naves de oficinas e talleres situados nunha parcela de 10.710 metros cadrados destinadas ao aluguer e cun orzamento de execución de 4,4 millóns de euros. A maiores, ‘Sociedad Gallega de Carretillas Elevadoras , S.A.’ está a rematar xa a súa nova nave industrial cun orzamento de 1.861.381 €.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM