O goberno de Nigrán aproba o asfalstado de nove rúas de San Pedro e a posta en valor do seu cruceiro cun investimento de 151.000 euros

Trátase de Pereiro, A Igrexa, Ana Isabel Costas, Pontillón, Cotros de Arriba, Altamira, Rego, Mallón-Pedreiros e Pereiras e estarán rematadas todas antes do verán

O goberno de Nigrán aprobou onte o asfaltado de nove rúas da parroquia de San Pedro de A Ramallosa por importe de 151.145 € a cargo do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra despois de agardar máis de tres anos por todas as autorizacións. Trátase de Pereiro, A Igrexa, Ana Isabel Costas, Pontillón, Cotros de Arriba, Altamira, Rego, Mallón-Pedreiros e Pereiras, todas eles nunhas condicións pésimas tras máis dunha década sen pavimentar, algunhas incluso dúas. As nove rúas estarán renovadas antes deste verán tras unha longa tramitación que arrancou a finais de 2017 ao ser requiridos diversos informes sectoriais (Costas, Augas de Galicia, Patrimonio e Axencia Galega de Infraestruturas).

“O feito de transcurrir Igrexa e Pereiras pola traza do Camiño de Santiago Portugués e estar outros en ámbitos de especial protección cultural (cruceiro de San Pedro, Igrexa parroquial, fonte e lavadoiro de Dona ou o xacemento arqueolóxico de Lugar da Torre) fixo que este plan de asfaltado tivese moita máis complexidade administrativa que calquera outro, agradecemos a paciencia dos veciños durante este tempo”, explica o alcalde, Juan González. Así, non foi ata o 21 de outubro de 2020 cando Patrimonio deu a súa autorización coa condicionante de que o Concello incorporase ao expediente un proxecto de control arqueolóxico e de realización do mesmo, documentos ambos remitidos a este organismo o 25 de novembro e que incrementaron en 20.000 € o orzamento orixinal.

O plan de asfaltados da parroquia abrangue tamén unha posta en valor da zona do cruceiro de San Pedro, pois levantarase o firme que o rodea ata unha profundidade de 25 centímetros para deixar ao descuberto o chanzo inferior da súa base e ao seu redor pavimentarase con cantos de pedra delimitados por un bordo de granito gris alba, ademais, contará con iluminación ornamental. Pola súa banda, o trazo do Camiño terá que ser sometido á ‘Guía de boas prácticas’ para salvagardar as súas características tradicionais, culturais e paisaxísticas e, mentres duren as obras, haberá que delimitar e sinalizar outro trazado alternativo. Finalmente, nos camiños con muros tradicionais gardarase unha franxa de 15 cm ao seu carón sen o novo pavimento.

“Gustaríanos ter asfaltado esta zona da parroquia hai xa anos pero non foi posible polas características especias que lle outorga o Camiño de Santiago e outros bens culturais, o resultado será moi beneficioso e a contorna do cruceiro gañará moitísimo para, precisamente, por en valor este elemento”, sinala o alcalde, quen subliña que nos últimos seis anos lévanse investido máis de 500.000 € só para plans de pavimentación no municipio. “Sabemos que aínda existen moitos camiños onde intervir e non nos esquecemos, había unha débeda histórica coas parroquias e a estamos a saldar en tempo record”, finaliza o rexedor.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM