O Goberno de Ponteareas lamenta os lumes que hoxe ameazan a parroquia de Bugarín

Publicado por o día 11/08/2020 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Ponteareas,Sucesos

O Goberno de Ponteareas lamenta os lumes que hoxe ameazan a parroquia de Bugarín

A alcaldesa en funcións Cristina F. Davila en nome de todo o Goberno lamenta profundamente os lumes acontecidos no día de hoxe estando aínda activos dous dos tres focos producidos na parroquia de Bugarín.

Cristina Davila informa que os lumes comezaron arredor das 18:45 horas afectando a unha zona próxima ás vivendas, Afortunadamente non houbo que desaloxar familias e nestes intres xa está apagado aínda que os bombeiros de Ponteareas permanecen na zona vixiando para evitar posibles brotes. Os outros dous focos, que aínda siguen activos, están controlados pero aínda non extinguidos e queiman o monte da Picaraña na área da comunidade de montes en man común de Bugarín.

A Policía Local cortou os accesos ao monte na parroquia de Arcos, en Canedo, na Chan e en Adegas Rubén. A alcaldesa en funcións agradece e recoñece o efectivo e inmediato traballo da Policía Local, Bombeiros de Ponteareas, Garda Civil Ponteareas, Protección Civil, Seprona, efectivos de Medio Rural da Xunta, helicópteros, avionetas e hidroavións que traballan dende a tarde para controlar e extinguir os lumes.

Davila agradece tamén o traballo das comunidades de montes, voluntariado e veciñanza que de xeito organizado colaboraron e colaboran en sofocar o lume.

A alcaldesa solicita a colaboración cidadá e pide non achegarse por ningún dos accesos ao monte da Picaraña para evitar riscos innecesarios.

Comentar noticia

Your email address will not be published.