O goberno de Ponteareas rexeita a previsión dos orzamentos do Estado e esixe a Fomento unha partida plurianual de 21 millóns de euros para a circunvalación e 6 millóns de euros para a mellora da seguridade viaria na N-120

Por o 16/01/2019 | Sección: Galicia,Ponteareas
O goberno de Ponteareas rexeita a previsión dos orzamentos do Estado e esixe a Fomento unha partida plurianual de 21 millóns de euros para a circunvalación e 6 millóns de euros para a mellora da seguridade viaria na N-120

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Tenente de Alcalde Chus Garrote  esixen ao Ministerio de Fomento que se contemple nos orzamentos do Estado unha partida plurianual de 21 millóns de euros para a variante  ou circunvalación tal e como estaba prevista e os seis millóns para a mellora da seguridade viaria da N-120.

Á vista das cifras anunciadas, Represas e Garrote urxiron ao director xeral de carreteras do Ministerio de Fomento en Madrid a realización dunha reunión inmediata para manifestarlle en persoa o malestar e rexeitamento do goberno e Corporación e en xeral da cidadanía e esixir unha previsión plurianual que faga viable os proxectos respectando os compromisos  de 21 millóns de euros e de 6 millóns de euros nos vindeiros anos.

O goberno trasladará directamente a Fomento a proposta de consenso recentemente aprobada no pleno da Corporación, “non imos tolerar esta decisión e defenderemos ata o final que se cumpran os compromisos adquiridos coa veciñanza de Ponteareas e se salde dunha vez esta débeda histórica”.

Dende a dirección xeral de carreteras do Ministerio amosaron en distintas conversas telefónicas mantidas   súa disponibilidade para sentarse a estudar as propostas do goberno e Corporación de Ponteareas.

Para Represas e Garrote a previsión dos orzamentos deste ano ten que estar vinculada aos vindeiros anos polo importe total de 21 millóns de euros máis 6 millóns de euros para a N-120 “tal e como xa figuraba nos anteriores orzamentos e tal e como o acordamos por consenso todos os grupos da Corporación nun pleno recente contando tamén co apoio da plataforma veciñal da N-120”.

Represas defenderá os intereses de Ponteareas e pedirá a partida económica e a concreción de accións para a súa realización, “non consentiremos que se siga a perder o tempo en discusións e debates estériles”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.