O Goberno de Rajoy respondeu a En Marea antes de deixar o Executivo que non faría acción algunha no tema das esculturas do pórtico

O voceiro de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, lembra que “as esculturas de Isacc/Ezequiel e Abraham/Xeremías foron obxecto dun latrocinio por parte do ditador, co cal debería haber implicación do Goberno na súa recuperación”.
Publicado por o día 11/06/2018 na sección de En Marea,Política

O Goberno de Rajoy respondeu a En Marea antes de deixar o Executivo que non faría acción algunha no tema das esculturas do pórtico

Nunha das últimas respostas do anterior Gobierno de Rajoy, recibida nestes días, ao portavoz de En Marea no  Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, indicaba que “o Goberno non ía exercitar acción algunha máis alá de contactos realizados e das investigacións” en relación á devolución das esculturas de Isaac/Exequiel e Abraham/Xeremías ao seu lexítimo propietario, que é o concello de Compostela.

Fernán Vello pedía ao anterior Executivo de Rajoy que cumprise coa proposición non de lei aprobada na Cámara Baixa a instancias de En Marea en outubro de 2017, aprobada por unanimidade, para que realizase as xestións pertinentes, incluida no seu caso a intervención da Fiscalía, para que a familia do ditador Franco devolva as tallas roubadas.

O Ministerio que dirixía até hai uns días Méndez de Vigo non fixo ningunha xestión para cooperar e colaborar na recuperación das esculturas do Pórtico da Gloria como fica evidenciado na resposta a Fernán Vello.

Limitábase a alegar que non estaba no sei eido competencial, a pesar dos acordos da Cámara Baixa. Fernán Vello pon en cuestión a “colaboración institucional” da que fala o anterior Ministerio na resposta, “porque non nos consta. Non fixo nada. Simplemente, desentendeuse”.

O voceiro de En Marea lamenta que o Executivo de Rajoy “fixese o acostumado en relación a cuestións de memoria histórica ou de patrimonio espoliado pola familia do ditador Franco: mirar para outro lado como se non fose con eles”.

“A equidistancia do PP e a súa indiferenza neste tipo de cuestións esenciais para a normalidade democrática, é unha auténtica deformación. Agardamos que o novo Goberno, e así llo demandaremos, se implique neste tema e cumpra cos acordos adoptados no Congreso que contaron co voto favorábel do grupo socialista”.

“As tallas do Pórtico da Gloria foron obxecto dun latrocinio por parte do ditador que durante 40 anos impuxo o seu réxime no estado através dun golpe de Estado. Algo terá que facer a Administración do estado”, sinala.

O voceiro de En Marea enfatiza que na nova etapa que se abre co novo Goberno de Pedro Sánchez, poremos esta demanda enriba da mesa ao igual que todo o relativo á recuperación do Pazo de Meirás.