O goberno de Vigo adica 500.000 euros a prolongar ata Rosalía a humanización de García Barbón

O alcalde visitou este luns os traballos de reforma que o Concello acomete actualmente na Avenida, no tramo comprendido entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro. O Concello -que supera os 5 millóns de investimento na mellora de García Barbón- realiza xa as catas arqueolóxicas para continuar a humanización ata Isaac Peral.
Publicado por o día 13/08/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo adica 500.000 euros a prolongar ata Rosalía a humanización de García Barbón

O alcalde visitou este luns os traballos de reforma que o Concello acomete actualmente na Avenida, no tramo comprendido entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro. O Concello -que supera os 5 millóns de investimento na mellora de García Barbón- realiza xa as catas arqueolóxicas para continuar a humanización ata Isaac Peral.

Abel Caballero acudiu este luns ata a Avenida García Barbón para comprobar o estado das obras de humanización que impulsa o goberno que preside, por importe lixeiramente superior ao medio millón de euros. Con este investimento, o Concello remodelará a beirarrúa impar do tramo da Avenida que une Serafín Avendaño coa glorieta de Rosalía de Castro. O alcalde explicou que a beirarrúa par se remodelará unha vez conclúa a obra da nova Tesourería da Seguridade Social.

Esta obra presenta un prazo de execución estimado de seis meses para os 150 metros de lonxitude do tramo, que contará con beirarrúas de granito e a substitución das canalizacións soterradas de abastecemento de agua, saneamento e pluviais. En superficie, segundo informou Caballero, se manterán as árbores existentes e se disporán seis novas xardineiras, cinco bancos e tres papeleiras, con novos sistemas de rego e iluminación LED.

“Esta é unha das grandes humanizacións da cidade”, valorou Abel Caballero, quen engadiu sobre García Barbón que “o que levamos feito xa supera os cinco millóns de euros”. A remodelación da Avenida continuará ata Sanjurjo Badía, segundo avanzou.

No tocante ao investimento público que promove o Concello, actualmente hai obras por valor de 36 millóns de euros, aos que se engadirán en outubro outras que comezarán por valor de outros 25 millóns máis.

Comentar noticia

Your email address will not be published.