O goberno de Vigo adxudica 1.612 achegas sociais a outras tantas familias cun importe de 1,6 millóns

A Xunta de Goberno local adxudicou esta mañá 1.612 achegas para vivenda, alimentación e subministros cun montante económico de 1,6 millóns. A esta cantidade hai que sumar outros 800.000 euros de axudas de emerxencia para desafiuzamentos, o que eleva a partida anual para políticas de vivenda ascende a 2,5 millóns.
Publicado por o día 20/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo adxudica 1.612 achegas sociais a outras tantas familias cun importe de 1,6 millóns

A Xunta de Goberno local adxudicou esta mañá 1.612 achegas para vivenda, alimentación e subministros cun montante económico de 1,6 millóns. A esta cantidade hai que sumar outros 800.000 euros de axudas de emerxencia para desafiuzamentos, o que eleva a partida anual para políticas de vivenda ascende a 2,5 millóns.

Abel Caballero deu conta onte da aprobación da resolución do chamado “cheque social” dotado con 1,6 millóns. Nesta ocasión, o número de solicitudes foi de 2.469 das que se concederon 1.612, case o 66%. Do montante total, o importe para axudas para alimentación foi de 435.030,72 euros distribuídos entre 1.612 familias. Ese mesmo número de beneficiarios foi o que recibiu achegas para subministros, cun valor de 306.836,52 euros. Para vivenda (hipoteca ou alugueiro) a cifra foi de 878.033 euros, dos que se beneficiarán 1.412 familias.

A esta cantidade hai que sumar outros 800.000 euros de axudas para vivenda, que se tramitan pola vía de urxencia, o que eleva a 2,5 millóns o investimento en políticas antidesafiuzamentos.

O groso das axudas vai destinado a familias de entre 1 e 3 membros, e no tocante aos rangos de idade, o maior importe concéntrase na franxa de 41 a 50 anos; seguidos polos grupos de 41 a 60 anos e, por último, de 31 a 40 años.