O goberno de Vigo adxudica a nova praza en Sanjurjo Badía co Barrio das Flores

O alcalde deu conta este luns da adxudicación desta nova humanización en Teis, cun orzamento de case 600.000 euros. O goberno vigués tamén adxudicou o servizo de socorrismo en praias e aprobou as bases para apoiar con 300.000 euros ao movemento asociativo.
Publicado por o día 28/05/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O goberno de Vigo adxudica a nova praza en Sanjurjo Badía co Barrio das Flores

Abel Caballero informou este luns da adxudicación das obras de humanización do encontro entre Sanjurjo Badía co Barrio das Flores, creando unha nova “praza de ocio urbano” nun espazo que agora está “ocupado por coches e un pouco caótica”, indicou.

A licitación desta mellora saíu cun orzamento de 595.000 euros, apuntou o rexedor. A humanización executarase nun treito entre a rúa Nardos e a rúa Santander e significará unha ampliación das beirarrúas, nova pavimentación, retranqueo e renovación do muro, substitución de redes soterradas de servizos, nova e ampliada rede de alumeado, rego e novo arborado.