O goberno de Vigo adxudica o control arqueolóxico das obras de revalorización da muralla do Castro

Segundo informou Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local adxudicou a contratación dos servizos de control arqueolóxico do proxecto de recuperación e posta en valor da muralla do Castro, análise que transcorrerá en paralelo ás obras, para as que Concello e Goberno de España adican 835.000 euros.
Publicado por o día 31/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo adxudica o control arqueolóxico das obras de revalorización da muralla do Castro

Segundo informou Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local adxudicou a contratación dos servizos de control arqueolóxico do proxecto de recuperación e posta en valor da muralla do Castro, análise que transcorrerá en paralelo ás obras, para as que Concello e Goberno de España adican 835.000 euros.

O control arqueolóxico das obras será continuo e intensivo durante os traballos de recuperación e posta en valor da muralla, obra acordada polo Ministerio de Fomento e Concello de Vigo mediante un convenio por importe de 835.000 euros, dos que o departamento que dirixe Ábalos achega 626.000 euros.

O Ministerio de Fomento é o encargado da adxudicación da obra, que contempla a conservación e recuperación de elementos propios da fortaleza, a accesibilidade ao monumento pola porta norte e a mellora da integración na paisaxe urbana, a través da iluminación.

Outros acordos

O alcalde deu conta doutras decisión adoptadas pola Xunta de Goberno Local celebrada este xoves, entre as que destacou a resolución da convocatoria da subvencións para festas tradicionais e actividades socioculturais, por un importe próximo aos 100.000 euros.

Ademais, deuse luz verde ás subvencións, por un lado, á Federación de Peñas Recreativas El Olivo de 7.000 euros para a organización da Festa do Magosto deste año, que terá lugar o 9 de novembro no Berbés, e ademais, por outro lado, á Fundación Sondeseu para o desenvolvemento do seu programa de concertos nos centros culturais vigueses, cun apoio municipal de 10.000 euros, e que conclúe este xoves en Bembrive.