O goberno de Vigo adxudica o novo macro parque infantil de Pedro Alvarado, en Teis

Segundo informou Caballero, o contrato ascendía a 500.000 euros e se suma aos parques infantís que promove o Concello en Venezuela, Independencia, Navia, Barreiro, Bouzas, rúa Coruña, Jenaro de la Fuente e Maruja Mallo.
Publicado por o día 31/05/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo adxudica o novo macro parque infantil de Pedro Alvarado, en Teis

Xunta de Goberno Local adxudicou este xoves as obras do novo macro parque infantil de Pedro Alvarado, en Teis, para o que o Concello reserva medio millón de euros de orzamento.

Así anunciouno hoxe o alcalde, quen engadiu que o contrato inclúe a impermeabilización do forxado do aparcamento soterrado existente baixo a praza. O parque infantil súmase, recordou, ao que o Concello ultima na rúa Venezuela e aos da Praza da Independencia, Navia, Barreiro, Bouzas, rúa Coruña, Jenaro de la Fuente e Maruja Mallo.

Vigo Vertical

A Xunta de Goberno Local tamén adxudicou o servizo de asesoramento a PEMES e emprendedores, un proxecto que forma parte da estratexia Vigo Vertical cofinanciada con fondos FEDER da Unión Europea, segundo apuntou Caballero.

O Vigo Vertical, expuxo, contempla accións en infraestruturas, política social e económica. Neste último eido enmárcase este contrato de 300.000 euros, cuxos obxectivos pasan polo apoio ao emprendemento da mocidade e das mulleres, a mellora da competitividade das pequenas e medianas empresas, a administración electrónica e a modernización tecnolóxica, entre outros.