O goberno de Vigo adxudica por 246.000 euros o asfaltado do túnel de Beiramar

Nunha sesión extraordinaria o pasado xoves, a Xunta de Goberno Local adxudicou a contratación das obras de renovación da capa de rodaxe do paso inferior de Beiramar, entre o Berbés e a rúa Areal. Ademais, validouse o texto do convenio coa Deputación para o desenvolvemento do Seafest.
Por o 20/05/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O goberno de Vigo adxudica por 246.000 euros o asfaltado do túnel de Beiramar

Nunha sesión extraordinaria o pasado xoves, a Xunta de Goberno Local adxudicou a contratación das obras de renovación da capa de rodaxe do paso inferior de Beiramar, entre o Berbés e a rúa Areal. Ademais, validouse o texto do convenio coa Deputación para o desenvolvemento do Seafest.

O Concello prevé executar os traballos de asfaltado do túnel sempre en horario nocturno, co obxectivo de minimizar a afección ao tráfico, e por un prazo aproximado de dúas semanas.

En segundo lugar, o goberno de Vigo deu luz verde o pasado xoves ao proxecto de convenio coa Deputación de Pontevedra que preside a tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, para o desenvolvemento do Festival do Mar de Vigo, o Seafest 2019. En virtude do nomeado acordo, o Concello achega ao evento 105.000 euros e a Deputación, outros 50.000 euros máis.

Por último, a Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas (antiga adxudicación provisional) para a ocupación, instalación e explotación dos quioscos de tempada nas praias deste verán. O Concello outorga autorización municipal para a instalación de once postos: un na praia da Punta, en Argazada e no areal da ETEA, dous quioscos en Tombo do Gato, en Santa Baia e no Vao, e tres en Samil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.