O goberno de Vigo apoia a labor social de seis entidades con 721.500 euros

O alcalde asinou este luns sendos convenios de apoio a APAMP, Menela, Érguete, Asociación de Persoas Xordas, AFAGA e FOANPAS. O Concello sufraga a actividade das seis con 721.500 euros.
Por o 01/05/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O goberno de Vigo apoia a labor social de seis entidades con 721.500 euros

Abel Caballero asinou este luns convenios de colaboración con seis asociacións de carácter social da cidade como “parte da política social” que presta o Concello de Vigo. A administración local adica ao efecto 721.500 euros.

Segundo detallou o rexedor en rolda de prensa, o Concello destina 24.500 euros á Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) para levar adiante unha ludoteca inclusiva, e outros 8.000 euros á Fundación Menela para desenvolver un program de respiro familiar. A Asociación de Persoas Xordas de Vigo recibe 20.000 euros para a contratación dun intérprete de lingua de signos.

Ademais, o goberno de Vigo achega 45.000 euros a Érguete -a Asociación de Axuda ao Toxicómano- para o seu programa de apoio residencial, outros 18.000 euros á AFAGA -Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia- para o seu programa de respiro familiar e, por último, convenia con FOANPAS -Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca- a realización de actividades extraescolares, axudas de comedor escolar e un aula matinal, por valor de 606.000 euros.

A este respecto, Abel Caballero recordou que a cifra adicada a FOANPAS se complementa coas axudas de comedor escolar que concede directamente o goberno de Vigo. Así, no cómputo global, o Concello reserva case dous millóns de euros para máis de 4.500 axudas de comedor escolar.

Comentar noticia

Your email address will not be published.