O goberno de Vigo aproba a renovación do céspede do campo de fútbol da Bouza

O Concello deu o visto e prace ao proxecto para substituír o céspede do campo de fútbol da Bouza e renovar o alumeado. A actuación enmárcase no convenio firmado coa Deputación de Pontevedra para a mellora de instalacións deportivas en Vigo. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou o obradoiro de emprego “Vigo Capacita V” que formará a 20 alumnos.
Publicado por o día 15/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo aproba a renovación do céspede do campo de fútbol da Bouza

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres en rolda de prensa da aprobación do proxecto para renovar o céspede do campo de fútbol da Bouza. A Xunta de Goberno Local deu o visto e prace ao proxecto básico e de execución para a substitución do campo e a renovación do alumeado.

Segundo anunciou o rexedor vigués, o proxecto conta cun investimento de case 300.000 euros e un praza de execución de dous meses. A actuación está enmarcada no convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación de Pontevedra para a mellora de instalacións deportivas en Vigo que inclúe a mellora dun total de dez campos de fútbol e a construción de tres pavillóns.

Ademais, a Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace á aprobación do proxecto “Obradoiro de Emprego Vigo Capacita V”, cun investimento de 287.087 euros, para a formación de vinte alumnos durante nove meses.