O goberno de Vigo autoriza a construción do novo hotel Samil, cun orzamento de case 15 millóns

Segundo confirmou este mércores Abel Caballero, o Concello asinou a licenza de obra nova para que Attica21 Hoteis constrúa un recinto hoteleiro de 4 Estrelas Superior na parcela do antigo Hotel Samil. O proxecto contempla catro bloques cun máximo de catro alturas para 125 habitacións.
Publicado por o día 22/01/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo autoriza a construción do novo hotel Samil, cun orzamento de case 15 millóns

A concelleira de Urbanismo, María José Caride, asinou a licenza de obra nova en favor de Attica21 Hoteis para un novo establecemento hoteleiro de 4 Estrelas Superior na Avenida de Samil 15, no solar que ocupaba o antigo Hotel Samil.

O orzamento roza os 15 millóns de euros e a superficie total construída aproximarase aos 22.000 metros cadrados. O hotel terá catro bloques cun máximo de catro alturas, 125 estancias, piscina, spa, sala de convencións e 102 prazas de aparcamento.

Attica21 adxudicouse a compravenda do Hotel Samil por 3,2 millóns e a empresa foi a encargada de demolelo. Agora reciben a autorización municipal para erixir o chamado a ser “un dos grandes hoteis da cidade”, en verbas de Caballero.

Así sera o novo Hotel

Vigo_attica1-plantea