O goberno de Vigo colaborará coa EEI Vila Laura na mellora das súas instalacións

Publicado por o día 08/02/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo colaborará coa EEI Vila Laura na mellora das súas instalacións

Abel Caballero visitou este venres unha escola de educación infantil con 300 nenos e nenas de entre tres e seis anos. Xunto á dirección e as responsables da ANPA, o alcalde coñeceu de primeira man os proxectos do centro e as propostas de mellora de instalacións. O Concello buscará fórmulas de cooperación coa escola.