Alcalde de Vigo e organizadores do Memorial mantiveron na tarde deste luns unha reunión para perfilar a terceira edición do Memorial Quino Salvo, un “recoñecemento” ao deportista cunha “parte deportiva”, resaltou Caballero, de “impulso” do baloncesto en Vigo.
Así, o rexedor vigués comprometeu un ano máis a cooperación do Concello de Vigo co evento, que está a negociar a presenza na cidade do Real Madrid de baloncesto. O pasado ano foi o FC Barcelona Lassa quen participou, recordou Abel Caballero, que sinalou a “importancia” do baloncesto na cidade.
Noticias de última hora en Vigo