O edil López Font asegurou que a proposta da Xunta de Galicia de situar a Biblioteca do Estado nos actuais xulgados “non se podería materializar ata dentro de cinco anos” polo que desmentiu que sexa máis áxil e barato, tal e como sinalan dende o goberno autonómico. “Teñen que terminar a obra da Cidade da Xustiza, que leva atrasos e ademais facer o traslado”, o que se traduciría nunha “lentitude pasmosa, ata oito anos”.
Así, defendeu a proposta “clara” do goberno vigués de construír a Biblioteca nos terreos expropiados polo Concello para ese fin, que sería de “inmediata aplicación” xa que a tramitación urbanística do solo iría “en paralelo ao proxecto” e estaría nun “edificio singular sen limitacións”, tal e como acontece na Coruña ou en Santiago.
Noticias de última hora en Vigo