O goberno de Vigo denuncia que a Xunta paraliza a mellora da rede de abastecemento en Teis

As obras de mellora da rede de abastecemento que subministra auga ao colexio San Salvador de Teis están paralizadas pola Xunta de Galicia, segundo denunciou este luns o voceiro do grupo municipal socialista, Carlos López Font.
Publicado por o día 03/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo denuncia que a Xunta paraliza a mellora da rede de abastecemento en Teis

O Concello de Vigo denunciou este luns que a Xunta de Galicia ten paralizadas as obras de mellora da rede de abastecemento de auga en Teis e lembrou outra decena de actuacións que o goberno local non pode poñer en marcha debido aos atrancos do departamento autonómico de Patrimonio.

“Temos en marcha un proxecto para a mellora da rede de abastecemento e están paralizado dende hai tres meses pola Xunta”, sinalou o voceiro do grupo municipal socialista, Carlos López Font. O concelleiro destacou que un dos puntos que estaría beneficiado pola mellora é o colexio de San Salvador de Teis. “Precisamente un lugar que foi motivo das críticas do PP hai poucos meses”, engadiu.

Font tamén lembrou que a Xunta ten bloqueadas en Vigo outras actuacións, como as humanizacións de Camelias e García Barbón ou os proxectos de Vigo Vertical para a Gran Vía e a reforma da Porta do Sol.