O goberno de Vigo destina 100.000 euros para o fomento do emprego na feira Conxemar

Abel Caballero deu conta da aprobación da subvención en favor de Conxemar para o fomento do emprego con motivo da celebración da feira. O alcalde recordou que, mentres os gobernos de Galicia e España se poñían “de perfil”, este apoio é o compromiso do Concello cun evento que sufriu hai uns anos un “ataque durísimo” desde Barcelona.
Publicado por o día 28/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo destina 100.000 euros para o fomento do emprego na feira Conxemar

Este apoio naceu do compromiso do Concello de Vigo co emprego na feira de Conxemar, cando foi froito dun “ataque durísimo” desde Barcelona, para respaldar que o evento seguira en Vigo, en defensa do interese da cidade.

O alcalde avanzou que o ministro de Pesca participará na apertura da edición deste ano da feira. Ministro e alcalde celebrarán ademais unha reunión previa onde abordarán o apoio estatal ao sector pesqueiro vigués, que “sei que o terá”, manifestou Abel Caballero.

Outros acordos
Segundo deu conta este venres o rexedor, o goberno de Vigo aprobou os convenios de colaboración cos sindicatos CCOO e CIG para apoialos na súa actividade de defensa dos traballadores, acordos que se engaden ao que o Concello tamén mantén coa UXT.

En segundo lugar, a administración local validou proxectos de colaboración coa AVV Novo Vigo (5.000 euros), o colectivo veciñal Curva de San Gregorio (7.000 euros) e FEAFES (4.000 euros) para cooperar cos gastos de aluguer e mantemento dos locais nos que desenvolven a súa función.

Por último, e desde o punto de vista cultural, o Concello deu luz verde á subvencións por valor de 227.000 euros a distintos colectivos, como a Asociación Cultural Vertixe (para a organización do Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea), ACOPOVI, a Asociación Premios da Critica de Galicia e a Orquestra Clásica de Vigo.