O goberno de Vigo duplica desde este martes as rúas peonís nos días laborables

Desde mañá martes, entre as 17 e as 23 horas, outras 22 rúas máis serán total ou parcialmente peonís todos os días laborables e se engaden ás máis de vinte que xa o son desde finais da semana pasada. En domingos e festivos, as restricións ao tráfico rodado afectan a unhas 70 rúas.

A medida foi anunciada este luns polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen informou de que as novas peonalizacións en días laborables benefician a zonas da cidade como Balaídos, Travesas, o centro, o Calvario e Teis, entre outras. O horario continuará sendo de 17 a 23 horas e as novas rúas serán:

– Zona Balaídos/Castrelos: rúas Caleira, Pablo Iglesias e Olímpicos

– Zona Povisa/Traviesas: López Mora (entre Pintor Lugrís e Camelias) e Hispanidade (entre Camelias e Pintor Colmeiro)

– Zona Torrecedeira: Pi y Margall (desde Llorente) e Severo Ochoa (entre Marqués de Valterra e Jacinto Benavente)

– Zona centro: Carral, Victoria, Concepción Areal e Montero Ríos

– Zona Calvario: Aragón (sentido Travesía de Vigo)

– Zona O Castro: Paseo dos Cedros, Travesía Marqués de Alcedo e Nicaragua (entre Taboada Leal e Praza Elíptica)

– Zona Estación de autobuses: rúas Estornino e Gregorio Espino (entre Aguia e Jenaro de la Fuente)

– Zona Teis: Purificación Saavedra, Pedro Alvarado (entre Enrique Lorenzo e Maceiras), Santander e Doña Fermina

– Zona Barreiro: Antonio Nieto Figueroa

Con estas 22 novas, o Concello practicamente duplicará desde mañá o número de rúas peonís de luns a sábados. Con esta decisión, o goberno vigués pretende ampliar o espazo dispoñible para que a cidadanía poida manter a distancia de seguridade e minimizar o risco de contaxio do Covid-19. Nas vías peonís se permite aos residentes a circulación rodada a un máximo de 10 quilómetros por hora.

Desde finais da semana pasada, os vigueses e viguesas poden gozar dunha vintena de rúas peonís nas tardes das xornadas laborables, que desde mañá serán preto de medio centenar e que chegan ás setenta nos domingos e festivos. A “app Vigo” e a web do Concello recollen o listado das peonalizacións en vigor en cada momento.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM