O goberno de Vigo encarga a renovación do abastecemento no entorno de San Roque

En Xunta de Goberno Local, da que informou este martes o alcalde, o goberno vigués acordou encomendar a Aqualia o proxecto de substitución das redes de fibrocemento no ámbito de San Roque – Ribadavia. Caballero puxo en valor os “centos de quilómetros” de canalizacións soterradas cambiadas no seu mandato.
Publicado por o día 05/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo encarga a renovación do abastecemento no entorno de San Roque

Abel Caballero informou do encargo a Aqualia para renovar as canalizacións de fibrocemento no ámbito de San Roque – Ribadavia, conducións envellecidas que poden causar un deterioro estrutural na rede de abastecemento de auga. O Concello procura así mellorar a calidade do servizo, minimizar as fugas e evitar interrupcións no subministro.

“Seguimos con esta inmensa transformación de saneamento e abastecemento que estamos a facer na cidade, con centos e centos de quilómetros, algo sen precedente na cidade”, resaltou o alcalde, quen engadiu que “estamos a suplir as ineficiencias de gobernos anteriores que non fixeron nada”, e citou o exemplo da rúa Venezuela ou do propio entorno de San Roque. “Somos nós os que estamos a cambiar centos e centos de quilómetros de saneamento e abastecemento”, rematou.

Por último, o alcalde vigués tamén apuntou que o goberno que preside segue adiante coa humanización da rúa Pazos, que presenta un orzamento de 136.000 euros.