O goberno de Vigo entrega este xoves outras 625 comidas e supera as 16.000 desde o inicio da crise

Os 625 menús converten este xoves “no día na historia desta cidade no que se reparten máis comidas a familias que as necesitan”, segundo asegurou o alcalde. Ademais, onte mércores se concederon outras 41 axudas de emerxencia, “máis do que damos nunha semana” en condicións normais, anotou Caballero.
Publicado por o día 23/04/2020 na sección de Concello de Vigo,Coronavirus,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo entrega este xoves outras 625 comidas e supera as 16.000 desde o inicio da crise

As 625 comidas que o Concello de Vigo entrega este xoves son doce máis que as proporcionadas onte mércores e converte á xornada de hoxe “no día na historia desta cidade no que se reparten máis comidas a familias que as necesitan”, en palabras de Abel Caballero. No cómputo total, a administración local supera xa os 16.000 menús distribuídos nos domicilios.

Por outra banda, o Concello aprobou onte mércores a concesión doutras 41 axudas de emerxencia. Segundo comparou Abel Caballero, esta cifra é “máis do que damos nunha semana” en condicións normais, o que dá “mostra do impacto da crise” provocada pola pandemia.

O alcalde vigués deu conta ademais das denuncias impostas este mércores pola Policía Local a persoas que incumprían o confinamento decretado no marco do estado de alarma. Onte foron sancionadas outras 37 persoas, informou Caballero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.