O goberno de Vigo licita a ximnasia para maiores, aos que adica máis de 12 millóns de euros

Abel Caballero informou da licitación da docencia para o programa de ximnasia para maiores de 65 anos, con 300 prazas e un importe de 75.000 euros. O Concello supera os 12 millóns anuais de apoio aos maiores, por exemplo na subvención ou gratuidade do autobús ou co Servizo de axuda no fogar, revelou o alcalde.
Publicado por o día 31/08/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo licita a ximnasia para maiores, aos que adica máis de 12 millóns de euros

Segundo explicou Caballero en rolda de prensa, o goberno de Vigo aprobou o expediente de contratación do servizo técnico docente para o Programa de ximnasia para maiores, contrato para o que o Concello reserva 75.500 euros.

Quedaron aprobados os pregos e ábrese o proceso de licitación, revelou o rexedor, quen engadiu que o goberno que preside oferta 300 prazas nun programa que ten lugar durante nove meses ao ano nos pavillóns de Travesas, Teis e Lavadores. Abel Caballero recordou que o Concello dispón dun programa similar de natación para os maiores de 65 anos, coa participación dunhas 200 persoas.

O alcalde subliñou o apoio que o Concello concede a este colectivo, que supera os 12 millóns de euros anuais, con iniciativas como o Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na casa, os programas de envellecemento activo, Coidadores de Barrio, a Teleasistencia, convenios con entidades como Afaga, o bono taxi e a subvención ou gratuidade das súas viaxes no autobús urbano vigués.