O Goberno de Vigo outorga 135.000 euros en axudas ao emprendemento e consolidación do emprego xuvenil

A Xunta de Goberno Local, informou o alcalde, concedeu 35.000 euros a autónomos e micropemes para cooperar no pago dos seus espazos de coworking e outros 100.000 máis para apoiar a transformación en indefinidos de contratos temporais e para incentivar a nova contratación.
Publicado por o día 24/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Goberno de Vigo outorga 135.000 euros en axudas ao emprendemento e consolidación do emprego xuvenil

As subvencións para o fomento do emprendemento e a consolidación empresarial a través do traballo colaborativo recibe un respaldo do Concello de 35.000 euros e supuxo a concesión de 53 axudas de distintas contías, todas elas para axudar a pago do aluguer dos espazos de coworking de autónomos e pequenas e medianas empresas.

En segundo lugar, Caballero destacou os case que 100.000 euros para axudas á contratación e mellora do emprego xuvenil. Por un lado, o Concello concede case que 86.000 euros para incentivar a transformación de 51 contratos temporais e indefinidos e, en segundo lugar, deu outros 13.500 euros para incentivar a contratación de catro profesionais.

O alcalde subliñou que o orzamento do goberno que preside para programas de creación directa de emprego supera os 5,3 millóns de euros: “é a nosa forma de trazar a xeración de emprego desde a política municipal de Vigo”, concluíu Caballero.