O goberno de Vigo prorroga o servizo do programa de Dinamización Infantil

Publicado por o día 22/02/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo prorroga o servizo do programa de Dinamización Infantil

Na súa rolda de prensa, o rexedor tamén informou de que a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou a prórroga do programa de Dinamización Infantil cun importe de 127.000 euros.

Trátase dos servizos que prestan as ludotecas da Casa da Xuventude e Coia, con obradoiros, actividades de excursión ou saídas didácticas e actividades de animación ou festas, ademais de horas de prestación do servizo sen custe para o Concello

“O funcionamento é moi bo, fai un bo traballo para potenciar a actividade laboral das mamás e ten unha enorme aceptación”, destacou Caballero.