O goberno de Vigo solicita a bandeira azul para Samil

“Vamos a conseguir a bandeira azul para Samil”, indicou este xoves Abel Caballero, quen recordou que a excelencia na calidade de auga na desembocadura do río xa está conseguida coa nova depuradora. Vigo aspira polo tanto a obter este verán trece distincións azuis: dez areais e tres sendeiros.
Publicado por o día 21/02/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo solicita a bandeira azul para Samil

“Vamos a conseguir a bandeira azul para Samil”, indicou este xoves Abel Caballero, quen recordou que a excelencia na calidade de auga na desembocadura do río xa está conseguida coa nova depuradora. Vigo aspira polo tanto a obter este verán trece distincións azuis: dez areais e tres sendeiros.

Caballero informou este xoves dos principais asuntos abordados pola Xunta de Goberno Local, entre os que subliñou a candidatura a bandeira azul de dez praias e tres sendeiros para este verán, coa novidade da praia de Samil.

O alcalde amosou a súa confianza en obter esta distinción para o areal de Samil, que non fora pedido en anos pasados porque na desembocadura do Lagares a calidade de auga non cumpría os requisitos de excelencia -sen supor risco de ningún tipo- demandados pola entidade que concede as bandeiras azuis.

Este ano, e grazas á entrada en funcionamento da nova estación depuradora, anotou Caballero, Samil está en disposición de conseguir o galardón. Xunto a esta, Vigo agarda revalidar os doce recoñecementos de 2018, é dicir, as bandeiras azuis nas praias da Punta, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras, ademais dos tres sendeiros azuis (Camiño a Beiramar, Senda entre faros nas Illas Cíes e Senda litoral e do monte da Guía).

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.