O goberno de Vigo ten en marcha humanizacións por valor de 25 millóns

O Concello está a executar unha quincena de obras por 17,7 millóns de euros e prevé iniciar nas próximas semanas outras oito humanizacións por 7,3 millóns máis, en total, 23 melloras e 25 millóns de euros. Abel Caballero explicou que este investimento, que non inclúe Gran Vía ou Porta do Sol, é comparable ao do Plan E.
Por o 22/06/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O goberno de Vigo ten en marcha humanizacións por valor de 25 millóns

Segundo detallou Caballero, a humanización de García Lorca conclúe este mesmo mes e a da Alameda -García Olloqui e Praza de Compostela- está practicamente terminada, mentres que a remodelación do entorno da Escola de Música de Beade e a humanización de Fátima finalizan o próximo mes.

A obra de Fontescura rematará en agosto e para setembro se prevé que estean listas as melloras da rúa Portela e as cubertas dos patios dos colexios Rocío e Carballal. O Concello conta con culminar a humanización de Marqués de Valterra en outubro e en decembro, as remodelacións da rúa Colombia, Vía Norte, a primeira fase de Venezuela e os elevadores de Marqués de Valterra a Torrecedeira e desta, a Pi y Margall. O carril bici que executa o goberno vigués tamén está en obras, con previsión de finalización en xuño do próximo ano.

O alcalde avanzou o inicio das próximas humanizacións programadas polo goberno de Vigo. A próxima semana arrancarán as de Purificación Saavedra e María Berdiales, mentres que na do 2 de xullo comezará a reforma da coroa exterior da rúa Álvaro Cunqueiro, que circunda a Praza da Independencia.

O 9 de xullo prevese iniciar a nova praza de Sanjurjo Badía co barrio das Flores, en Teis, e a humanización de José Frau. A seguinte, a mediados de xullo, será a quenda do ascensor entre San Salvador e Praza Isabel a Católica, a humanización da Estrada Provincial e da segunda fase da Avenida Atlántida.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.