Abel Caballero deu conta este mércores do pago de 131.050 euros a 2.621 familias en concepto da axuda de comedor escolar municipal correspondente ao mes de xuño.
Esta é a terceira transferencia ordenada polo Concello desde o comezo da crise do coronavirus. A administración local viguesa xa fixo efectivas as bolsas de comedor escolar dos meses de xuño, maio, abril e a parte correspondente ao mes de marzo na que os colexios estiveron pechados. O importe total remitido elévase aos 391.300 euros. O obxectivo da medida municipal é que os menores non queden en situación de vulnerabilidade ao non poder asistir aos comedores escolares dos colexios.
Ademais, e como vén facendo diariamente, Abel Caballero deu conta ante os medios de comunicación das medidas adoptadas nas últimas 24 horas en materia de benestar social ante o Covid-19. Así, este mércores o Concello entrega 530 menús nos domicilios de familias vulnerables, concedeu onte martes vinte axudas de emerxencia por importe próximo aos 5.000 euros e deu aloxamento a 84 persoas sen teito.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.