O goberno de Vigo ultima obras no rural por máis de 10 millóns

Logo da visita, Caballero puxo en valor a actuación feita na rúa Abade Juan de Bastos, en Matamá, con case que 800 metros de novas beirarrúas e tres novos pasos de peóns elevados para gañar en seguridade viaria e limitar a velocidade dos vehículos. O orzamento da obra superou os 205.000 euros.

A reforma tamén supuxo a instalación de novas canalizacións de augas pluviais, conexións ás redes soterradas e a creación dun sistema para recoller e frear as augas procedentes do campo de fútbol de Peneda da Moo. O goberno de Vigo acometeu ademais unha nova rede de alumeado público e puntos de luz.

“Estamos satisfeitos, foi unha boa obra. É un prototipo da forma de humanización no rural, no que estamos a facer tanto. Neste momento estamos a facer 10.252.000 euros de obras”, expuxo Abel Caballero. Así, o goberno de Vigo reserva máis de dez millóns entre actuacións xa en marcha e proxectos en licitación, co pavillón de Quirós -con 3,1 millóns- e a humanización da Estrada do Porto -con 3,3 millóns- como as de maior importee están en execución actualmente. Ademais, as reformas dos campos de fútbol de A Guía (por 340.000 euros) e de Fragoselo (por 212.000 euros), en licitación.

Adicionalmente o Concello reserva case 3,5 millóns de euros para a humanización de preto de cincuenta rúas no rural, segundo informou o alcalde: rúa Sanguiño (Cabral), Avda Galicia (Teis), rúa Salgueiro (Candeán), rúa Loureiro (Cabral), rúa Gondarisco (Cabral), Camiño Traída das Augas (Teis), Camiño Paraixal de Arriba (Teis), Camiño Sorrego (Cabral), Camiño Centieira (Castrelos), Camiño Barxa (Matamá), rúa Castro (Matamá), Camiño Vilar (Matamá), Baixada a Moo (Matamá), Camiño Outeiro (Matamá), Camiño Carro (Castrelos), Camiño Monte (Castrelos), Baixada ao Pontillón (Castrelos), rúa Canabido (Oia), Longra (Coruxo), Tarrío de Abaixo (Coruxo), Camiño Gándara (Saiáns), Camiño Esteriz (Oia), rúa Sarabio (Lavadores), Camiño Noiana (Lavadores), rúa Penís de Abaixo (Cabral), rúa Aguadiña (Sampaio), rúa Areeiro (Sampaio), rúa Vista do Mar (San Xoan Poulo), rúa Coutadas (Salgueira), Subida a Relfas (Sárdoma), Fragosiño (Sárdoma), rúa Relfas (Beade), rúa Eifonso (Bembrive), rúa Costa de Gándara (Beade), rúa Pouleira (Beade), Foxo (Valladares), Camiño Quinta (Valladares), Camiño Pinal (Valladares), Camiño Simona (Valladares), rúa Viña Grande (Alcabre), Camiño Pomba (Valladares), Cidans (Zamáns), Estrada da Venda (Beade), rúa José Rivas (Coruxo), rúa Paradela (Teis) e Estrada da Balsa (Matamá).

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario