O goberno de Vigo urxe á Xunta o informe pendente para licitar as obras da praza da Estación

Abel Caballero explicou esta mañá que a licitación do proxecto da praza da Estación de Urzáiz está só pendente dun informe de Patrimonio da Xunta Unha autorización que a unanimidade da Comisión Técnica de Seguimento do convenio -reunida onte – reclama nun prazo máximo de 5 días.

O goberno local remitiu unha carta a Patrimonio da Xunta (Consellería de Cultura) urxindo o informe preceptivo para poder a acometer á obra da praza da nova estación de Urzáiz, un proxecto vital para poder abrir os accesos nin o centro Vialia. A licitación está só pendente desa autorización, que xa foi solicitada hai catro meses polo que se cumpriu o prazo administrativo de resposta.

Tal e como explicou o rexedor, a Comisión Técnica de Seguimento do convenio para a execución dos accesos acordou por unanimidade reiterar esta petición na reunión que mantiveron onte. Dada a urxencia das obras, na misiva advírtese da necesidade de recibir ese informe nun prazo máximo de cinco días. En caso contrario, o Concello -como administración encargada da execución do proxecto – procederá á licitación das obras, entendendo que se aplica o silencio administrativo.

Esta actuación, lembrou o rexedor, enmárcase no convenio de colaboración entre Xunta, Concello e Adif para a execución dos accesos e nova vialidade urbana no contorno da nova estación. Esta obra ten un orzamento de 1,7 millóns financiados maioritariamente por Adif.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario