O goberno de Vigo ven de validar os expedientes de contratación dos servizos de xestión e dinamización da Casa das Mulleres

Publicado por o día 31/08/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo ven de validar os expedientes de contratación dos servizos de xestión e dinamización da Casa das Mulleres

O goberno de Vigo validou os expedientes de contratación dos servizos de xestión e dinamización da Casa das Mulleres e do Centro de Documentación de Recursos Feministas, por importe total de 62.000 euros, segundo trasladou Caballero.

A Casa das Mulleres de Vigo dispón de dúas aulas, unha sala de exposicións, un despacho, un arquivo e unha sala polivalente, na que teñen lugar os proxectos de asociacionismo feminino e ofrece información e asesoramento sobre recursos e actividades. Neste espazo, aseverou o rexedor, realízanse reunións, exposicións, cursos e relatorios.

Por outra banda, o Centro de Documentación de Recursos Feministas xestiona información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade, ofrecendo ao público a consulta de documentación en doce postos de lectura, préstamo domiciliario e intebibliotecario, actividades culturais e asesoramento documental. Abel Caballero revelou que o Centro conta cun fondo documental composto por 10.400 volumes.