O goberno galego debe explicar se lle pagou a vivenda ao fiscal de Ourense durante máis de 10 anos

Por o 11/02/2019 | Sección: Política,PSOE
O goberno galego debe explicar se lle pagou a vivenda ao fiscal de Ourense durante máis de 10 anos
Compartir en:

A deputada socialista Noela Blanco vén de anunciar que presentará no Parlamento unha pregunta oral polo pago dos gastos de vivenda ao fiscal xefe de Ourense por parte do goberno galego. Así o dixo logo de coñecer esta situación polos medios de comunicación, de acordo cos cales a Xunta asumira os gastos dunha vivenda de 200 metros cadrados e 950 euros mensuais de aluguer, ademais dos servizos de luz, calefacción e auga.

O Executivo autonómico asumiu os gastos da vivenda do fiscal xefe de Ourense entre 2004 e 2016, coa única interrupción polo goberno de Pérez Touriño en 2008, cando decidiu suprimir os dous casos de alugueres subvencionados para cargos xudiciais que quedaban na nosa comunidade autónoma, este mesmo e o da presidenta da Audiencia Provincial de Lugo. Sen embargo, coa chegada de Feijóo ao goberno, en 2009, o pago da vivenda continuou.

A responsable socialista reclámalle ao goberno galego que explique os motivos que levaron a manter esta situación e que clarifiquen se continúan asumindo o seu custe, así como o dos servizos de luz, calefacción e auga.

Comentar noticia

Your email address will not be published.