O Goberno galego manifestou o seu interese por avanzar na procura de solucións estruturais ao abastecemento de auga a Vigo

Abastecemento de auga a Vigo
Publicado por o día 14/01/2020 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

O Goberno galego manifestou o seu interese por avanzar na procura de solucións estruturais ao abastecemento de auga a Vigo

Na xuntanza, o Goberno galego manifestou o seu interese por avanzar na procura de solucións estruturais ao abastecemento de auga a Vigo e sur da provincia de Pontevedra, sobre o que a Xunta cofinanciar un estudo que debe acometer o Goberno de España.

A conselleira demandou que as actuacións necesarias para garantir a auga a esa comarca sexan declaradas de interese xeral do Estado, acadando así maiores garantías para o seu financiamento. A Xunta considera necesario aplicar en Vigo, unha comarca con 600.000 habitantes, o mesmo sistema que se aplicou noutros contornos urbanos menos poboados, como Ourense e Pontevedra.

Ademais, a conselleira solicitou a colaboración do Ministerio para a Transición Ecolóxica na tramitación necesaria para construír o novo emisario da depuradora de Pontevedra e facilitar o imprescindible saneamento da ría, tal e como exixe a Unión Europea.

Finalmente, reiterou a demanda de que se liciten o antes posible as obra de dragaxe da ría do Burgo, de forma que se garanta a calidade ambiental dese entorno e a actividade económica dos profesionais do mar.

Ethel Vázquez salientou que foi unha xuntanza frutífera na que ambas as dúas Administracións puideron revisar as necesidades máis importantes do saneamento e abastecemento das augas en Galicia e confiou en que este encontro derive en acordos concretos que permitan impulsar todas as actuacións precisas.