O goberno galego ten sen investir 1.443 millóns en obras pendentes do Plan Move

Publicado por o día 12/09/2019 na sección de Política,PSOE

O goberno galego ten sen investir 1.443 millóns en obras pendentes do Plan Move

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Luis Álvarez, reclamoulle hoxe ao goberno galego que execute as obras pendentes do Plan Move que a día de hoxe ten sen executar e que ascenden a unha débeda de 1.443 millóns de euros. Álvarez presentou unha emenda neste sentido que foi incorporada a unha proposición non de Lei do BNG para reclamarlle 1.500 millóns de euros ao Estado e que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista advertiu que as obras sen executar do goberno galego equiparan ás demandas ao Estado, e que inclúen obras como o remate da AG-13, a Vía Ártabra, o desdobre da Vía Rápida Brión – Noia para convertela en autovía, os accesos á Plisan, ou o remate da autovía do Baixo Miño, da Estrada ou da Costa da Morte.

Ademais, respaldou que o Estado invista en Galicia o que ten pendente en materia de infraestruturas, como autovías ou servizos ferroviarios e portuarios, e sinalou que “nós non vamos cambiar o noso discurso, a diferenza do PP, que estivo profundamente calado sobre os investimentos en Galicia nos anos de goberno de Rajoy”.

Execución orzamentaria

Sinalou que o goberno de Sánchez ao que lle trasladan estas demandas ten executado en 2018 o 116 por cento do orzamentado. Mentres, en 2015 o goberno central executou o 63,64 por cento do orzamentado para Galicia, que era o 10,52 por cento do Estado, en 2016 executou o 41,43 por cento do orzamentado, que ra daquela o 10,19 por cento do Estado, e en 2017 executaron o 74 por cento cando era o 7 por cento do conxunto do Estado, tres puntos menos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.