O goberno local achega máis de 30.000 euros a catro entidades sociais e veciñais

O Concello de Vigo segue a asinar convenios de colaboración con diferentes colectivos sociais e veciñais da cidade. O obxectivo é favorecer o desenvolvemento destes colectivos na cidade.
Publicado por o día 20/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local achega máis de 30.000 euros a catro entidades sociais e veciñais

O alcalde asinou esta mañá catro convenios con outros tantos colectivos sociais ou veciñais cun importe total superior aos 31.000 euros. A Asociación de niños con hiperactividade e déficit de atención ANHIDA recibiu 4.000 euros para o mantemento e aluguer do seu local. Con ese mesmo fin, a Asociación Fonte do Galo obterá 4.560 euros.

Por outra banda, a Asociación de persoas xordas de Vigo ingresará 6.000 euros para contratar a un intérprete en linguaxe de signos, mentres que a Asociación veciñal, cultural e deportivas contará con 17.000 euros para financiar as súas actividades.