O goberno local adica 4,7 millóns a mellorar máis de 40 rúas da cidade

Segundo informou este luns Abel Caballero, o rural vigués centra a atención deste plan municipal de obras en viais cun total de 36 actuacións en catorce parroquias. Ademais, o goberno vigués acometerá reformas na Avenida de Castelao, Areal, no túnel de Beiramar, en Arquitecto Palacios, en Urzáiz, en Luis Taboada e Carral.
Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local adica 4,7 millóns a mellorar máis de 40 rúas da cidade

Segundo informou este luns Abel Caballero, o rural vigués centra a atención deste plan municipal de obras en viais cun total de 36 actuacións en catorce parroquias. Ademais, o goberno vigués acometerá reformas na Avenida de Castelao, Areal, no túnel de Beiramar, en Arquitecto Palacios, en Urzáiz, en Luis Taboada e Carral.

O alcalde trasladou distintas actuacións en vías da cidade, algunhas “humanizacións e rehumanizacións”, en verbas de Caballero, tanto no casco urbano como no rural vigués. Neste último caso, o Concello actuará en 36 rúas de catorce parroquias, por importe superior aos 2,3 millóns de euros. Detallou Caballero que se programan reformas en Candeán, Teis, Valladares, Oia, Saiáns, Comesaña, Lavadores e Bembrive; dúas en Sárdoma, Coruxo e Alcabre; tres en Matamá, cinco en Beade, sete en Cabral e oito en Lavadores.

O Concello comezará en abril a renovación do pavimento da Avenida de Castelao -por importe superior aos 750.000 euros- e en Areal, con 320.000 euros de investimento. Ademais, e con inicio previsto para o mes de maio, o goberno vigués renovará o asfalto en Arquitecto Palacios -no tramo máis próximo á Avenida de Castrelos, cun orzamento de 704.000 euros-, a rúa Urzáiz -entre Gran Vía e Colón, por 150.000 euros- e o túnel de Beiramar, cunha contía de 365.000 euros.

En segundo lugar, o goberno de Vigo continuará coa transformación do firme impulsada na Praza de Compostela, eliminando a lousa de pedra para instalar un pavimento máis duradeiro e con absorción do ruído. Agora estenderá o modelo a Luis Taboada e Carral, adicando ao efecto 140.000 euros, segundo trasladou Caballero en rolda de prensa, e con previsión de execución no mes de abril. Trátase dunha “rehumanización”, anotou, pois ambas rúas foron reformadas polo goberno inmediatamente anterior á súa chegada á Alcaldía.