O goberno local adxudica a reforma dos campos do Monte da Mina, San Andrés e As Relfas

Abel Caballero deu conta este luns da adxudicación das obras dos campos de fútbol do Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma por un importe total de máis de 700.000 euros.
Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local adxudica a reforma dos campos do Monte da Mina, San Andrés e As Relfas

Abel Caballero deu conta este luns da adxudicación das obras dos campos de fútbol do Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma por un importe total de máis de 700.000 euros.

O goberno local adxudicou a reforma dos campos de fútbol de Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma cun importe total de 718.000 euros. Segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero, o Concello deu o visto e prace para que comecen as obras nas tres instalacións.

O rexedor lembrou que hai unha semana foi inaugurada a reforma do campo da Bouza, en Coia, e que mañá acaban os traballos no Baltasar Pujales de Bouzas. Ademais, indicou que están a punto de acabar obras moi avanzadas e que xa están finalizadas as dos campos de Navia, Meixoeiro e Candeán.

Por outra banda, están en proceso de adxudicación as obras nas instalacións de Valadares, San Miguel de Oia e Matamá. “O investimento total no último ano son 3 millóns de euros adicados a deporte de base”, destacou o alcalde.