O goberno local apoia a programación da Orquestra Vigo 430 con 125.000 euros

Abel Caballero deu conta da aprobación este xoves da subvención mediante convenio á formación musical para levar adiante o seu programa de concertos deste ano, un total de sete actuacións que se celebrarán nas condicións que permita a crise sanitaria do Covid-19.
Publicado por o día 11/06/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local apoia a programación da Orquestra Vigo 430 con 125.000 euros

A Xunta de Goberno Local reunida este xoves acordou aprobar a subvención nominativa mediante convenio coa Orquestra Vigo 430 para o financiamento do seu programa de concertos da presente tempada. O Concello achega 125.000 euros á formación musical para ofrecer sete concertos en distintos puntos da cidade, tendo en conta as condicións actuais derivadas da crise sanitaria do coronavirus.

A Orquestra Vigo 430 nace no ano 2005, formada principalmente por músicos profesionais e completada con expoñentes da canteira musical que xera o Conservatorio Superior de Música de Vigo, favorecendo a súa integración no ámbito profesional.

Tamén en materia cultural, o goberno vigués ratificou a subvención nominativa por 5.000 euros ao Teatro Ensalle para o desenvolvemento da programación da sala que leva o seu nome. A entidade xestiona desde 2003 a programación regular deste espazo.

Social

A Xunta de Goberno Local deste xoves aprobou dous proxectos de convenio no ámbito social, en favor da Fundación IgualArte e de Feafes Galicia, por importe total de 15.000 euros. A primeira recibe 10.000 euros do Concello para axudar ao ente coas súas actividades sociais, culturais, educativas e musicais de expresión, danza, teatro, plástica e arte, coas que crea un espazo integrador para as persoas con discapacidades e necesidades educativas especiais.

O acordo con Saúde Mental Feafes Galicia, pola súa banda, procura apoiar e fomentar as súas actividades, financiando con 5.000 euros os gastos de mantemento e alugueiro do seu local social.

Comentar noticia

Your email address will not be published.