O goberno local apoia o congreso de Navalia que se organizará en xullo de 2021 no Mar de Vigo

O Concello apoiará o congreso que Navalia organizará en xullo de 2021, no Auditorio Mar de Vigo. En declaracións aos medios, Caballero avanzou ademais a posibilidade de convocar a este evento ás cidades españolas con peso neste sector industrial.
Publicado por o día 09/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local apoia o congreso de Navalia que se organizará en xullo de 2021 no Mar de Vigo

O alcalde de Vigo fixo público este mércores o seu apoio á dirección de Navalia, impulsora da Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, no seu proxecto de celebrar un congreso sobre o sector no mes de xullo de 2021, tras a renuncia a organizar a edición 2020 da feira debido á pandemia. Así o explicou esta mañá, tras manter unha reunión co director de Navalia, Javier Arnau, a quen tamén lle trasladou o apoio do goberno local para a próxima edición do certame, previsto para maio de 2022.

O congreso de 2021 -será bianual, igual que a feira – organizarase no Auditorio Mar de Vigo e contará con xornadas técnicas, mesas redondas, encontros empresariais ou misións comerciais, ademais de contar con superficie expositora. En rolda de prensa, o rexedor amosou a súa disposición a contactar cos alcaldes das cidades españolas que teñen peso na construción naval para que participen no evento. Esta oferta podería estenderse, detallou, a urbes como Ferrol, Gijón, Bilbao, Cádiz ou Barcelona.

Comentar noticia

Your email address will not be published.