O Concello de Vigo aprobou este xoves na Xunta de Goberno Local a prórroga do contrato de xestión “Servizos de Dinamización Infantil” cun importe de 495.384,60 euros.
Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, a empresa realizará tanto na Casa da Xuventude como no Pavillón de Coia un total de 50 obradoiros con materiais, 10 actividades de excursión ou saídas didácticas de 80 participantes e 50 actividades de animación ou festas, ademais dunha bolsa de horas de prestación do servizo sen custe para o Concello de 100 horas/anuais.
Calefacción centros educativos
Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén deu o viso e prace á contratación do mantemento integral das instalacións de calefacción e auga quente sanitaria dos colexios públicos de Vigo cun importe de 170.896,98 euros.
Fundación Laxeiro
Ademais, aprobouse a transferencia de financiamento do Concello de Vigo á Fundación Laxeiro para o seu funcionamento durante o exercicio 2020 cun importe de 80.000 euros.
Noticias de última hora en Vigo